segunda-feira, 2 de novembro de 2009
SAMAÍN OU HALLOWEEN?
O Halloween seica é unha adaptación americana da antiga festa celta do Samaín, que despedía o verán e recibía o inverno (os celtas só contemplaban a existencia de dúas estacións), ademais de darlles culto aos mortos, botando fóra os malos espíritos que, ao parecer, andaban soltos nestas datas. Crese, polo tanto, que foron os irlandeses que emigraron a EEUU nos séculos XIX e XX os que iniciaron a tradición en Norteamérica. Unha das curiosidades da adaptación foi o emprego das cabazas para baleiralas e introducirlles unha vela dentro, xa que ata entón os irlandeses no seu país de orixe empregaban nabos, máis pequenos e menos moldeables que os calacús.
Pero... realmente que celebramos aquí, unha festa propia ou unha tradición importada de EEUU? Opina na enquisa da marxe.
Assinar:
Postar comentários (Atom)

2 comentários:
enviádelle outra ligazón a David xa que a conta que ten non funciona.
moitas grazas xa está solucionado
Postar um comentário